García-Rodeja, gañador do Premio Traxectoria Profesional do CPEIG
É o director do Centro de Excelencia de Negocio de DXC Technology en Galicia
Santiago. O director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology en Galicia, Andrés Xavier García-Rodeja Fraga resultou gañador do Premio Traxectoria Profesional do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña, especialidade en Computación e Recuperación da Información; máster en Aprendizaxe Estatístico e Data Mining e máster en Dirección de Empresas TIC, Andrés García-Rodeja é desde a súa creación o director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology en Galicia.
O CEIN naceu en xullo de 2016 a raíz da firma dun convenio entre Hewlett Packard Enterprise, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Xunta de Galicia, e está ubicado nas instalación da Cidade da Cultura.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt