Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Este sábado entréganse os Premios de Narración Breve Modesto Rodríguez Figueiredo

Instituidos pola Fundación do Pedrón de Ouro, chegan á súa edición número 43

    A Fundación do Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Arzúa celebrará o próximo sábado 20 de xaneiro ás 12 do mediodía na capela da Madanela de Arzúa o acto de entrega dos Premios de Narración Breve Modesto Rodríguez Figueiredo.

    Coa deste ano o premio Modesto R. Figueiredo acada a 43 edición, que converten o Figueiredo no premio literario máis vedraño de Galicia e o único dedicado a potenciar os relatos curtos.

    Tal é o prestixio acadado que moitos críticos literarios agrupan aos autores galardoados baixo o carimbo de Xeración do Pedrón de Ouro. Talvez sexa excesiva esta etiqueta, pero do que no hai dúbida é de que o conxunto dos seus relatos compendian as tendencias temáticas e estilísticas da narrativa galega destes últimos 40 anos.

    A través dos seus 42 anos de historia foron distinguidos máis de 100 autores, case todos noveis que logo desenvolveron unha exitosa carreira literaria: Xoán Ignacio Taibo, Tucho Calvo, Suárez Abel, Darío Xoán Cabana, Suso de Toro, , Ramiro Fonte, Ánxeles Sumai, Bieito Iglesias, Rosa Aneiros…

    Os autores premiados nesta edición son Ariadna Fernández González polo seu relato Secuestro, Lionel Rexes Martínez por O tempo dos pexegos e a Xerardo Vidal polo seu Vilaquinte.

    O mantedor literario no acto de entrega deste sábado será o cantautor e poeta Baldomero Iglesias e actuará o concertista Iván Fernández Soto, profesor de piano do Conservatorio de Música de Arzúa.

    18 ene 2018 / 19:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito