Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Servizo de Publicacións da USC escala 144 postos

Pasou da posición 195 en 2012 á 51 en 2018 no ranking das editoriais académicas máis prestixiosas de España

O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ascendeu este ano ata a posición 51 do ranking S­cholarly Publishers Indicators de editoriais españolas máis prestixiosas no eido das Ciencias Sociais e Humanidades, tanto públicas como privadas. A editorial universitaria compostelá ten experimentado unha importante evolución nesta listaxe xa que en seis anos ascendeu 144 postos.

Por especialidades, o Servizo de Publicacións, que dirixe Juan Luis Blanco Valdés, ocupa o quinto posto en Belas Artes, vixésimo en Lingüística, Literatura e Filoloxía e o trixesimosexto en Historia. Contando só as editoriais universitarias, a de USC sitúase no grupo das dez máis prestixiosas, xunto ás de Valencia, Salamanca, Granada, Sevilla, Zaragoza, Barcelona, Complutense, UNED e País Vasco.

SPI (Scholarly Publishers Indicators in Humanities and Social Sciences) elabórao e execútaa o grupo de ILIA de investigación bibliométrica do CSIC, especializado na edición e libro académico. Este é un sistema de información que, a partir de enquisas directas ao profesorado e persoal investigador de todo o Estado, ofrece indicadores e ferramentas relacionados coas editoriais científicas ou de interese para a investigación no ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais.

Os indicadores que se inclúen pretenden servir como referencia (non como valor definitivo d­unha editorial) nos procesos de avaliación e permitir a obxectivación dalgúns conceptos como o do "prestixio da editorial", ata o punto de que o índice se incorporou xa como elemento de valoración nalgunhas áreas das Ciencias Sociais e Humanidades nos criterios específicos aprobados en novembro de 2017 pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora.

En canto a Ciencia, Tecnoloxía e Medicina, a USC sitúase entre as cen editoriais máis prestixiosas, ocupando o posto sexaxésimo, o décimo no contexto das editoriais universitarias. Estes datos aparecen no amplo informe Estudio cualitivativo de las editoriales académicas. La percepción de la comunidad científica española , presentado o pasado mes de outubro na feira do libro LIBER 2018 en Barcelona, polo grupo ILIA, amplo informe que contén todos os detalles e metodoloxías do proxecto.

13 nov 2018 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito