Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Editoriais non galegas que publican en galego

Hoxe queremos agradecer que certas editoriais con sede noutras comunidades autónomas distintas a Galicia publiquen en galego algúns álbums ilustrados dirixidos aos máis novos, salientando algunhas das obras traducidas dos últimos anos.

Desde Barcelona, Blackie Books presenta o álbum Cinco minutiños máis (2019), que dá conta das diferentes formas de percibir os intervalos de tempo de pequenos e maiores; e Picarona sacou o ano pasado en galego tres álbums protagonizados por animais que xiran arredor da superación persoal e da liberdade de elección e de autorrealización: O crocodilo ó que non lle gustaba a auga, A vaca que subiu a unha árbore e A ovella que chocou un ovo.

Desde Valencia, a editorial Algar publicou no 2018 os títulos Até as princesas soltan peidos, que desmitifica e actualiza o concepto de princesa a través do humor, e Nai, cuxas fermosas ilustracións representan a maternidade nas súas múltiples facetas.

rociogpedreira@gmail.com

07 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito