Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio Pura e Dora Vázquez. unha ogra xenial

O XV premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, convocado pola Deputación de Ourense, no ano 2018 recaeu na obra As historias da Ogra Pinta, da escritora, tradutora e filóloga Ánxela Gracián (Castroverde, 1968), unha autora coñecida e recoñecida na LIX galega pois xa tén ofrecido ao lectorado galego e doutras latitudes máis de dúas ducias de obras e que neste ano tamén foi galardoada co premio Meiga Moira pola magnífica novela As voces na auga, encadrable na literatura de xénero.

N’As historias da Ogra Pinta en vintecatro capítulos que son breves historias líricas, moi próximas á transmisión oral, a Ogra Pinta, directora das narracións como se presenta no primeiro relato, fai un percorrido pola bichería que acompaña á nenez e mocidade, sobre todo do rural, e coa que se transmiten valores eternos, sentimentos e emocións necesarios para socializarse desde o inicio da vida.

verinesa@yahoo.es

10 ago 2019 / 19:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito