Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En marcha o programa da Xunta para aumentar o turismo seguro este 2020

Román Rodríguez visitou onte na Alameda compostelana a primeira das accións desta nova campaña de concienciación

No marco do programa Galicia destino seguro, a Xunta vén de pór en marcha unha campaña itinerante de concienciación que percorrerá a Comunidade durante o verán. Nela infórmase aos viaxeiros e aos propios galegos das medidas postas en marcha para garantir un turismo seguro no actual contexto sanitario, así como dos recursos turísticos dispoñibles na nosa Comunidade.

Román Rodríguez, visitou esta mañá a primeira das accións da campaña, en Santiago, onde se situou unha unidade móbil que funciona a modo de oficina de turismo na Alameda compostelana desde onde se achega información á cidadanía e aos turistas cunha mensaxe de responsabilidade, precaución e respecto no actual contexto sanitario que vivimos.

O espazo informativo aténdese por parte de profesionais da información turística e tamén difunde o destino, poñendo en valor recursos como o Camiño de Santiago, a paisaxe, a natureza, a enogastronomía ou o patrimonio cultural da comunidade.

Según indicou o conselleiro de Cultura e Turismo está previsto que a campaña percorra Galicia e que estea presente nas sete cidades galegas e municipios turísticos con maior densidade de poboación, que superen os 10.000 habitantes. Así, despois de Santiago continuará a súa xira en Ferrol e iniciará no vindeiro mes de agosto na capital da cidade de A Coruña.

Continuará o resto da campaña en localidades que incluirán destinos como A Mariña lucense, a Ribeira Sacra, así como varios destinos costeiros. En concreto está previsto que en agosto visite Ribeira, Rianxo, Betanzos, Lugo, Monforte, Sarria, Viveiro, Ourense, O Carballiño, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Vigo, Nigrán, Baiona e Tui.

Esta nova c campaña itinerante dará continuidade “á batería de medidas postas en marcha pola Xunta para garantir a seguridade e protección dos viaxeiros, traballadores e galegos no actual escenario.” segundo se extrae das súas declaración. Ademais enmárcase no plan de reactivación do sector turístico aprobado no mes de abril que inclúe accións para promover Galicia como un destino seguro, mesturadas con accións que axuden a xerar liquidez no tecido empresarial, alén de mellorar aspectos como o consumo.

En resume, conseguir recuperar na medida do posible unha certa normalidade previa á pandemia da covid-19.

Dez concellos unidos polas rutas xacobeas queren ‘Facer Camiño’

Vigo. O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), Manuel Quintana Martelo, inauguraron onte no Museo do Mar de Galicia a mostra Facer Camiño, unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que, logo da súa estadía viguesa, percorrerá as restantes cidades galegas e as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo concellos asociados ao territorio histórico e con moita tradición nas rutas xacobeas.

A comisaria da exposición, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

En concreto, a exposición acolle obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado.

Román Rodríguez destacou ao respecto que se trata dunha “nómina extraordinaria” de artistas de diferentes xeracións que abordan a arte desde diversos medios expresivos e estilos, dos que sinalou que comparten dúas características, “formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes e ser artistas e creadores recoñecidos e fortemente valorados”.

O titular de Cultura explicou que, Vigo foi a cidade elixida como inicio desta “peregrinación artística” que permite asociar “a expresión plástica de hoxe cun dos elementos esenciais na conformación da nosa identidade: “o Camiño de Santiago”. X.g

30 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito