Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entrega dos Mondial des Vins Extremes no centro da Ribeira Sacra

“Ésta é unha maneira de diferenciarnos nun mundo tan global”, di José Manuel Rodríguez

Santiago. O centro do viño de Ribeira Sacra acolleu a entrega da última edición do Mondial des Vins Extremes.

Un acto ao que acudiron representantes das adegas galardoadas, membros do consello regulador e unha representación dos municipios da denominación cuxas adegas recibían premio.

O presidente do consello, José Manuel Rodríguez, repasaba a traxectoria da D.O. Ribeira Sacra neste certame.

“Que sigamos participando nas catas é do que máis nos diferencia doutras zonas”, subliñaba, e lembraba a “Suso Conde e Suso Verao, que hai case 30 anos foron a recoller os premios a Aosta”.

Consideraba que “estar aquí é a maneira de que nos diferenciemos nun mundo tan global. Parece que isto escampa e que imos poder recuperar todas esas citas que nos xuntan”, apuntaba.

A D.O. Ribeira Sacra presentou 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas e obtivo 21 medallas, 14 de ouro e 7 de prata.

Os galardoados coa medalla de ouro foron Castro das Saiñas 2019 de Adega Saíñas C.B. (Pantón), Sabatelivs 2020 de Adegas e Viñedos Lareu S.L. (Chantada), Acivro 2020 de Adegas Salvadur S.L. (A Pobra do Brollón), Almanova 2019 de Alma das Donas S.L. (Pantón), Prómine Singular 2020 de Bodegas Petrón S.L. (Sober), Rectoral de Amandi 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. (Sober), Condado de Sequeiras 2017 de Grupo Peago S.L. (Chantada), Condado de Sequeiras 2019 de Grupo Peago S.L. (Chantada), Estrela 2020 de D’Fran S.C. (Sober), Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober), Vacamulo 2017 de Don Bernardino S.L. (Sober), Finca Cuarta por Rubén Moure 2020 de Rubén Moure Fernández (Sober), Ciudáseis 2019 de Mª Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos) e Regina Expresión 2017 de Regina Viarum S.L. (Sober).

A de prata foi para Matilda Nieves 2020 de Rectoral de Amandi S.A.U (Sober), Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober), Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L. (Sober), Décima 2020 de José Manuel Rodríguez González (Sober), Ciudáseis 2020 de Mª Gloria Alvarín Losada (Monforte), Val da Lenda 2020 de Víctor Manuel Rodríguez González (Sober) e Viña Frieira 2020 de Carlos Fernández Rodríguez (Sober). ecg

06 mar 2022 / 16:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.