Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Especialistas abordarán mañá no CCG o patrimonio do ferrocarril

Participan no encontro historiadores e xestores de espazos museísticos sobre este transporte

Santiago. Este mércores cúmprense anos da inauguración do Viaduto de Gundián, en Vedra, co que se completou o último tramo da conexión de Galicia coa Meseta. Unha efeméride á que se xuntan dúas máis: estamos no Ano Europeo do Ferrocarril e cúmprense 140 anos da chegada do ferrocarril a Galicia.

O Consello da Cultura Galega (CCG) aproveita estas celebracións para organizar na súa sede a xornada O patrimonio industrial ferroviario no Ano Europeo do Ferrocarril, na que estarán presentes historiadores e xestores de espazos museísticos vencellados á memoria deste transporte.

A presidenta do Consello, Rosario Ávarez, inaugura esta cita que se pode seguir en directo desde o web do CCG.

En diferentes cidades e vilas de Galicia é doado atopar asociacións de “amigos” do Ferrocarril que se ocupan de manter a memoria do que supuxo a súa construción.

Con todo, segue pendente a abordaxe definitiva e homologada de espazos museísticos e centros de interpretación que cubran a importancia deste medio de transporte para Galicia. Sobre estes asuntos falarán especialistas como os profesores Xosé M. Núñez Seixas e Xosé Ramón Veiga Alonso, que ofrecerán a perspectiva histórica e os retos que quedan por acometer

Outros, como o ilustrador e escritor e Francisco Boluda máis a arqueóloga Nieves Amado, abordarán a perspectiva do asociacionismo e actividades culturais.

Tamén asistirán María Xosé Porteiro, Carlos Abellán e Luís Blanco, entre outros. ecg

07 sep 2021 / 17:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.