Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Estrea en Santiago do filme ‘Nación’

A película dirixida por Margarita Ledo acaba de proxectarse no Festival de Cinema de Sevilla

Nós, Produtora Cinematográfica Galega acaba de estrear no Festival de Cinema Europeo de Sevilla a última película de Margarita Ledo, Nación, unha longametraxe de non ficción que retrata a loita obreira da mulleres, e faio a través da historia dun grupo traballadoras da fábrica de cerámica A Pontesa.

En palabras da directora é “unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar senón en acceder ao traballo asalariado e á posibilidade de ser independentes. En resumo, o moito que nos custou ser Nación”. En Galicia a primeira proxección de Nación será en Santiago de Compostela o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20.00 horas no Teatro Principal e o xoves 19 de novembro ás 18.00 horas no Cinema Numax. Ambas as proxeccións forman parte da programación da 34º edición de Cineuropa que este ano entrega o Premio Cineuropa 2020 precisamente á directora do filme, Margarita Ledo.

Un premio honorífico co que se quere homenaxear así á directora pola súa traxectoria cinematográfica e como referente clave do cinema galego. Ademais, a película terá un percorrido institucional e a finais de mes estará no Festival Márgenes de Madrid. Desde a produtora esperan estrear en salas en marzo do 2021, ao redor do día 8 coincidindo co Día Internacional da Muller.

A principios deste ano Nós terminó para a TVG Desertores do Asfalto, unha miniserie sen data de estrea confirmada, que foi rodada en 13 localidades diferentes e que busca dar voz ao rural galego a través das historias de trece personaxes diferentes. O pasado agosto estreouse o documental Moncho Reboiras acción de corazón, proxecto no que participou como asesor da Fundación Bautista Álvarez. A cinta conta a vida de Xosé Ramón Reboiras Noia, última vítima mortal da ditadura franquista en Galicia.

14 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.