Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Etnografía en imaxe a través da reflexión de ‘Entre amigos’

O Museo do Pobo Galego acolle unha exposición con diferentes olladas sobre a tradición cultural

Onte presentouse no Primeiro andar do Museo do Pobo Galego a XI Mostra de fotografía etnográfica Entre amigos, á que acudiron máis dunha vintena de socios que son os verdadeiros protagonistas desta mostra.

Como cada dous anos, as persoas socias do MPG amosan o seu compromiso coa institución achegando a súa visión particular sobre diversos temas etnográficos e antropolóxicos, este ano, vinte unha aportacións amosan un camiño de reflexión sobre as tradicións culturais desaparecidas.

Cruceiros, cultivo de verzas, eiras de hórreos, arte urbana (graffitis), faenas no mar, o Camiño Primitivo pola Fonsagrada, os rueiros de Compostela, fontes tradicionais, Sanandreses, entre outros moitos, son varios dos temas que o público poderá observar detalladamente na XI edición da Mostra de Fotografía Etnográfica de Socias e Socios Entreamigos.

Son vinte e unha aportacións que reflexionan sobre temas como a desaparición de actividades tradicionais ou as manifestacións da cultura inmaterial e material. Pero, por riba de todo, son olladas particulares que reflicten as inquedanzas dos autores arredor de infinidade de aspectos da cultura tradicional galega,

A mostra bienal botou a andar no ano 1999 e en 2019 fíxose unha retrospectiva. Sempre foi moi ben acollida e adoita atraer moito público que normalmente non adoita vir ao museo.

O tema da Covid 19 evítase por completo nesta mostra, aínda que esta pandemia foi o motivo principal polo que este se atrasou a súa inauguración.

A exposición, que está organizada pola Oficina de socias e socios do Museo do Pobo Galego, estará exposta ó público ata o vindeiro 5 de setembro.

David Conde, responsable de Exposicións do MPG, foi o encargado de presentar o acto, quen desexou que a vindeira edición se poida expoñer nas novas instalacións do Museo.

06 jul 2021 / 18:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.