Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Falece Xosé Ramón Barreiro aos 84 anos

Foi un referente en Galicia da súa disciplina e presidiu a Real Academia Galega

SANTIAGO. O historiador galego Xosé Ramón Barreiro faleceu este mércores aos 84 anos de idade, segundo informa a Fundación Rosalía de Castro, de cuxo padroado era membro. Barreiro Fernández, historiador de referencia da Galicia contemporánea, foi presidente da Real Academia Galega (RAG) entre os anos 2001 e 2009.

Nacido en Ribeira en 1936, Barreiro licenciouse e doutorou en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras e doutorouse tamén en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, da que era catedrático de Historia Contemporánea de Galicia. Ademais, foi decano da Facultade de Xeografía e Historia da universidade compostelá.

Autor de multitude de obras, entre a súa bibliografía destaca un importante número de obras dan conta do seu labor investigador, centrados sobre todo na historia contemporánea de Galicia. De entre eles destacan Historia Contemporánea de Galicia , obra pola que recibiu o Premio da Crítica en 1982

O seu labor foi recoñecida con diversos premios como o Premio da Crítica ou a Medalla Castelao no ano 1991, entre outros. ECG

17 mar 2021 / 13:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.