Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Patricia Vázquez tamén é unha das convidadas especiais para hoxe no espazo de Roberto Vilar

Os actores galegos Fede Pérez e Patricia Vázquez, nomes de moita sona no eido audiovisual e no teatro en Galicia, son os convidados principais de hoxe no Land Rober, formato que Roberto Vilar dirixe cada xoxes na franxa do prime time daTelevisión de Galicia (TVG).

Este formato acada bos datos de audiencia cada semana na grella da canle pública galega cunha mistura de entrevistas, humor e tamén chiscos de música e concursos.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa este ano con Berto Romero, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Antonio Garrido, Lucía Veiga...

Fai duas semanas, este formato que leva Roberto Vilar tivo unha salientable audiencia dun 15,8% de cota de pantalla logo de ter un seguimento de 121.000 espectadores.

Por outra banda, tamén hoxe na TVG, a actualidade relativa ao coronavirus vai estar sobre a mesa en A Revista. Co primeiro convidado desta edición, Jorge Mira, catedrático do departamento de Física Aplicada da USC, falarase sobre os PCR que se están levando a cabo a estudantes e da problemática dos aerosois, entre outras cuestións; con David Freire, xefe da Unidade de Coidados Intensivos do CHUAC, explicarase o funcionamento das UCI en tempos da covid-19, e co médico de familia e colaborador do programa cada xoves, Norberto Proupín, ofrecerase unha visión xeral sobre a situación actual e consellos saudables. E noutro dos temas abordaranse distintas iniciativas das axencias de viaxes,segundo sinalan na nota de prensa.

12 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.