Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fernando Dacosta enxalza no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro a profesión como medio para o cambio

representación. O actor, director e dramaturgo Fernando Dacosta asina neste 2022 o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Baixo o título de Somos, o texto preséntase como unha proposta con clara vocación poética na que se entrelazan a exaltación da profesión coa declaración de amor ás artes escénicas. Así, no Manifesto reivindícase aos eatreiros como portadores do “facho dunha profesión trimilenaria que existía antes dos ministerios, consellerías e consellerías de cultura e que seguirá existindo despois”. Dacosta, ademais, deixa patente no seu texto o inequívoco compromiso do sector escénico coa lingua.

Ademáis, no Manifesto, que cada ano promove a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Dacosta engade que os e as profesionais da escena están “entre o abrente teatral e o rompente poético” e que presentan “os soños como un xeito de vida posible”.

“Estamos cos ollos, as orellas e o peito aberto á nosa sociedade para devolverlle a imaxe do espello, pero non por repetida, senón por invertida, por subversiva, por distinta ao que se espera dende a liña argumental imperante”, escribe. ecg

22 mar 2022 / 23:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.