Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Filosofía inicia o curso na USC coa lección maxistral de Nel Rodríguez Rial

Filosofía. A Facultade de Filosofía da USC celebrou un ano máis o inicio de curso cunha lección maxistral que correu a cargo do profesor e artista Nel Rodríguez Rial. O profesor Rodríguez Rial foi ata a súa xubilación, en decembro de 2014, profesor Titular de Estética da Facultade e nos últimos anos exerceu tamén o cargo de director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social. A lección maxistral versou sobre o tema Eloxio da pintura e nela realizou unha análise fenomenolóxica e poética da tarefa do pintor e da dimensión estética desta arte. Nel Rodríguez, que desde a súa xubilación se dedicou con maior intensidade á pintar, salientou a dificultade da aprendizaxe e de calquera arte. Asegurou tamén que, cando o pintor ou o filósofo logran acabar con éxito unha obra consegue como premio a satisfacción da obra paciente e ben feita. Na súa presentación, o decano da facultade, Marcelino Agís Villaverde, indicou que Nel Rodríguez realizou estudos de Filosofía na facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Filosofía), que viña de nacer no curso académico 1973/74, licenciándose no curso 1979/80. Foi, xa que logo, alumno da 3ª promoción. Obtivo o Grao de licenciado en 1983 cun traballo sobre Ideas estéticas de Ortega y Gasset: Ortega, teórico e crítico da arte e doutorouse en 1999. CG

29 sep 2022 / 21:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito