Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gadis: 100% comprometida, 100% galega e 100% auténtica

A sustentabilidade abarca moito máis que o coidado medioambiental. Dende Gadis, promoven unha visión completa e transversal, que inclúe a perspectiva sostible en todos os procesos e actividades da empresa. Así, impulsa un desenvolvemento sostible dende o punto de vista económico, social e medioambiental.

Gadis é 100% compromiso coa súa contorna: contribuíndo á súa mellora e crecemento gracias á creación de riqueza local, emprego de calidade e ó impulso do tecido socioeconómico. Líder no sector da distribución na comunidade, Gadis é tamén a empresa do sector que máis emprego xera en Galicia.

Ademais, en liña co seu obxectivo de promover un impacto positivo no entorno, Gadis desenvolve máis de 1.640 iniciativas e colaboracións con entidades e ONG, de carácter deportivo, cultural, solidario, e local.

E, por suposto, ten en conta a necesario respecto do medio para garantir un futuro mellor. Aplica diferentes medidas e políticas en toda a súa cadea de valor, para reducir o dano ambiental, e dar resposta a unha demanda crecente por parte da sociedade e do planeta.

Gadis: 100% comprometida, 100% galega e 100% auténtica

Nacida aquí, e traballando dende aquí e para aquí, Gadis é tamén 100% galega. A súa aposta polos produtos locais e de proximidade forma parte da súa esencia; produtos que, ademais, contribúen á protección medioambiental, e a unha alimentación saudable e equilibrada.

Todo isto, convértena nunha empresa 100% auténtica, que traballa na mellora constante para satisfacer as necesidades dos seus clientes e da sociedade, e 100% consciente de que as súas accións deben conseguir que o futuro sexa mellor que o presente. Dende o respecto, a confianza e a honestidade.

23 nov 2022 / 12:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito