Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gadis edita 30.000 exemplares dun libro en galego para mozos

obra ‘Brian, o chinés’

Betanzos. Supermercados Gadis continúa impulsan-
do a edición de libros en lingua galega neste 2020. Nos últimos 16 anos, o apoio á
literatura neste idioma traduciuse na impresión de 330.000 obras.

Este ano, a compañía súmase á conmemoración dun Día das Letras Galegas atí-
pico cunha aproximación
ao público xuvenil. Ata fin de existencias, mañá, sábado, 31 de outubro, regalará en todos os Supermercados Gadis de Galicia Brian, o chinés. En total, 30.000 exemplares dunha obra que asina David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide.

Trátase dun relato propio, en primeira persoa, dun mozo con Síndrome de Down a piques de alcanzar a maioría de idade. Un diario cargado de humor e frescura, que narra dunha forma dinámica situacións da vida cotiá do protagonista desde a súa infancia. Describe con gran realismo as dificultades ás que se enfronta, como as afronta e supéraas. Unha visión introspectiva da súa propia diversidade e das persoas que lle rodean. A mirada do seu eu a través dos ollos doutros. Un libro que atrapa de principio a fin.

Desde Supermercados Gadis poñen o acento en que Brian, o chinés cumpre unha tripla función: apoiar a edición de libros en galego, fomentar a lectura neste idioma entre os mozos e promover a diversidade e integración.

Nestes dezaseis anos, con motivo do Día das Letras Galegas, Gadis editou libros en xéneros moi diferentes: poesía, cancioneiros populares, relatos, novela. Tamén variou o público ao que se dirixían as obras: infantil, xuvenil e adultos.

Esta faceta editorial desenvólvese no marco do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa con máis de 2.300 accións anuais de diversa índole. O apoio á cultura nas súas múltiples manifestacións supón cerca do 40 por cento do total das iniciativas de RSC: patrocinio do programa Cultura no camiño, cooperación con festivales como Curtocircuito, OUFF e (S8), e a colaboración cos Premios Mestre Mateo son algunhas das actuacións da compañía nesta área. ECG

30 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.