Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galardoados na MICE o alemán Benjamin Rost e o galego David Vázquez

O xurado da 17º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego concedeulle o Premio MICE a mellor filme, dotado con 1.000 euros e trofeo, a A Portrait on the search for happiness, película sobre a minería de diamantes na África do Sul que consegue achegar a realidades invisibilizadas na maior parte das veces pero que mostran a fraxilidade da condición humana.

Cunha historia, unha realización e unha montaxe que axudan a diversificar a idea e as discusións referentes ás convencións da antropoloxía visual e das formas de representación a traves do filme.

O seu director, o alemán Benjamin Rost, agradeceu o recoñecemento ao xurado e ao festival, e asegurou que “o premio é unha honra e unha sorpresa porque a película espertou un interese por un cinema localizado no outro lado do mundo, no sur de África”, e que “nos tempos de crise en Europa é importante que nos interesemos os uns polos outros, simplemente como seres humanos”.

O MICE a mellor filme galego foi para El último de Arganeo, de David Vázquez, por ser unha película de personaxe sobre un mozo pastor cun tema moi importante para os tempos actuais, permitindo a visibilización de modelos en período de extinción.

O deputado de Cultura da Deputacion da Coruña, Xurxo Couto asisitiu ao acto e foi o encargado de entregar o premio, 800 euros e trofeo.

A mención de honra foi para Pedra patria, de Maciá Florit, pola intensidade, porque extrapola un lugar persoal da migración que é un problema universal. Cine diarístico que ademais contén o tema de identidade nacional.

O xurado da sección oficial estivo fomado pola cinesta Adriana Pérez Villanueva, o tamén cineasta e artista visual Vicente Vázquez e Humberto Martins, doutor en Antropoloxía Social e Antropoloxía Visual en Manchester e profesor na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

O Premio Agantro á Excelencia Antropolóxica recaeu no filme francés Pour votre confort et votre sécurité, de Frédéric Mainçon. A mención de honra do Agantro foi para Room without a view, da cineasta catalá Roser Corella’.

O Premio CREA, que outorga a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, foi para Paraíso.

O do público foi para Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro.

A entrega de galardóns tivo lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego, cunha actuación do dúo Tralo-Vazo, con Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas.

Rematadas as proxeccións, continúa a exposición Coreografías do facer. O traballo feminino nos fondos Henningsen, no Museo do Pobo ata o 1 de maio. E MICE Petís leva as curtas de Olloboi ás escolas de Galicia ata final de curso. Inscricións en servizos deac@museodopobo.gal.

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.