Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 10 agosto 2020
02:15
h

Galicia Calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta os productos

GARANTÍA. Galicia Calidade incorporou catro novas empresas do sector alimentario á marca de garantía galega. As empresas Viña Costeira, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut, e José Manuel Ferro Lago (Pementos Carmucha) acadaron a certificación de Galicia Calidade, dependente da Xunta de Galicia, que avala xa a máis de 120 empresas de diferentes sectores. No sector vitivinícola, a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro-Viña Costeira únese ao clube das empresas certificadas coa incorporación de viños elaborados nas súas adegas de Ribadavia e Petín. Pola súa banda, a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia acadou a licenza de garantía para o berberecho comercializado coa marca colectiva Berberecho de Noia. Rías Gallegas. Pesca Artesanal.

No subsector das froitas, a empresa Freshcut incorporou o selo Galicia Calidade para os seus purés de froita elaborados en Vigo e comercializados coa marca Galifresh. E no tocante ao subsector das hortalizas, a nova incorporación vén da man da empresa José Manuel Ferro Lago, que incorpora o selo de garantía para os seus pementos de Herbón comercializados coa marca Pementos Carmucha.

Ademáis das novas incorporacións, Galicia Calidade suma novos produtos certificados de oito empresas do sector alimentario e hostaleiro que xa contaban co selo de garantía. No sector vitivinícola, ampliaron as súas licenzas Quinta do Buble (Oímbra), Regina Viarum (Sober) e Bodegas Altos de Torona (O Rosal).

Do mesmo xeito, no sector alimentario ampliaron o alcance da licenza os produtos cárnicos de Coren, os iogures e leites fermentados de Larsa, o leite de marca Clesa de Feiraco e diferentes modalidades de conservas de Rianxeira.

No sector da hostalería, súmase O xardín de Xulia, un hotel de deseño situado en Santiago de Compostela. ECG

08 jul 2020 / 21:44
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito