Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galicia resistiu un 22 % mellor que España a caída do turismo en xullo

Mantívose como a quinta comunidade con máis visitantes por enriba de Canarias // O peso do mercado interno galego medrou oito puntos e o nacional subiu tres

A evolución do turismo en Galicia foi en xullo 22 puntos superior á media española, segundo se desprende dos datos feitos públicos onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, o descenso da demanda hoteleira na comunidade foi do 51 % fronte ao 73 % do estado.

Os establecementos hoteleiros galegos recibiron no sétimo mes do ano un total de 257.870 turistas, o que sitúa a Galicia como a quinta comunidade con maior volume. Estes viaxeiros realizaron preto de 600.000 pernoitas, en concreto 598.513. A nivel de mercado, o turismo de proximidade continúa a ter máis relevancia nos viaxeiros en Galicia, xa que o nacional gaña presencia fronte ao internacional, máis afectado polas restricións de mobilidade. En concreto, o peso do turismo interno medra oito puntos de media e o turismo nacional sube tres. O internacional cae ata 11 puntos.

En xullo foi especialmente importante a reactivación da oferta hoteleira debido ao notable aumento no número de negocios que permaneceron abertos, un total de 1438, é dicir, 808 máis que no mes de xuño, mellorando ostensiblemente e aproximándose aos números de fai un ano, cando houbo 1.749 establecementos abertos, polo que Galicia ofertou o 85 % das prazas que tiña dispoñibles.

A nivel territorial, no que atinxe á comparativa por provincias, a caída da demanda foi do 43 % en Ourense, do 47 % en Pontevedra, 53 % na Coruña e do 63 % en Lugo, a comunidade máis golpeada pola pandemia da covid-19. Asemade, o INE permite este mes analizar algúns parámetros económicos que indican que as tarifas hoteleiras descenderon levemente neste mes, un 0,7 % en particular, o que denota que nos estamos aproximando a unha certa estabilidade, con prezos medios que se mantiveron, a grandes trazos, semellantes aos de xullo de 2019 malia a situación sanitaria reinante.

A propósito destes datos, o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, subliñou o “enorme esforzo” que o sector turístico galego está a facer este verán para recuperar a actividade. Malia que, como sinalou, “a todos nos gustaría que os datos fosen outros”, destacou o traballo que están a desenvolver os profesionais desta industria para lograr situar á comunidade 22 puntos por encima da media española, no momento de maior dificultade que se recorda, tras varios anos cun sobresaínte crecemento cualitativo.

Neste sentido, lembrou que a Xunta de Galicia coñece as dificultades que está a vivir o sector turístico e, ante este difícil situación, mantén o seu compromiso por reforzar a colaboración público-privada. Así, o Goberno autonómico e o sector levan meses traballando en varias liñas simultáneas no marco do plan de reactivación do sector turístico, que inclúe medidas como o programa Galicia destino seguro, dotado con 8M€ en distintas liñas de acción, ou o Bono Turístico, que está a funcionar con éxito, pois xa foi solicitado por máis de 12.000 persoas, e supón unha inxección directa de 5 M€ ao tecido empresarial.

Decrece un 73 % a pernoita hoteleira no estado, situándose nos 11,5 millóns no sétimo mes do ano
Suavizouse o desplome pola crise da covid-19 fronte aos meses de abril, maio e xuño

Madrid. As pernoitas hoteleiras baixaron en xullo o 73,4 % respecto ao mesmo mes de 2019, ata rondar os 11,5 millóns, co que se suavizou o desplome pola covid-19 fronte aos meses de abril (100 %), maio (99,2 %)e xuño (95,1 %) grazas a un mellor comportamento do mercado nacional, se ben os datos continúan mostrando unha tendencia moi complexa para o sector.

Así, no sétimo mes do ano, as noites en hoteis de residentes en España baixaron o 50 %, ata os 7,4 millóns, en tanto que as correspondentes a extranxeiros reducíronse o 85,7 %, con 4,1 millóns, segundo os datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estadística (INE) na súa web.

En total, nese mes aloxáronse en establecimentos hoteleiros españois 4,3 millones de viaxeiros, dos que 3,2 eran nacionais e 1,1 millóns exteriores, o que reflicte que pese á progresiva apertura de fronteiras, o mercado nacional foi o que sostivo en maior medida a actividade hoteleira, según a mesma fonte.

Os viaxeiros procedentes de Alemaña e o Reino Unido concentraron o 25,1 % e o 15,2 %, respectivamente, do total de pernoitas de non residentes en hoteis españois. Non obstante, o mercado alemán e británico caeu un 79,4 % e 91,4 % respectivamente.

As quedadas en establecementos de usuarios chegados de Francia, Países Baixos e Bélxica, retrocederon o 72,6, 75,4 y 71,7 % respectivamente.

En canto a apertura de establecementos, pasaron a estar operativos 12.068 aloxamentos, o 62,5 % do total, fronte aos 5.896 que abriron en xuño. Respecto a xullo de 2019, o número de establecementos caeu un 29,5 %, e ofertáronse 1,025 millóns de prazas, o 52,7 % do total.

Segundo o INE, este incremento de actividad e de datos permite difundir o mesmo volume de información que se viña facendo antes de mes de marzo, previo á pandemia.

Andalucía, Cataluña e Comunidade Valenciá foron os destinos principais dos residentes en España.

En xullo, cubríronse o 35,6 % das prazas ofertadas, cun descenso anual do 50 %, e cunha baixada de prezos do 8,2 %. En xuño caeu o 11,1 %, o maior que se lembra. efe

25 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito