Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Historia: o Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia cumple 25 anos

Celebrouse un encontro o pasado día 19 con unha mesa coloquio sobre o desenvolvemento da entidade, da profesión e o futuro

Nun encontro moi cercano e agradable os profesionais da enxeñaría técnica forestal de Galicia reuníronse o pasado sábado día 19 no Pazo de Adrán (en Calo, A Coruña) para celebrar unha data moi especial, o 25 Aniversario do Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia. Un acto presidido polo actual equipo directivo, encabezado por Santiago García (Decano), Mercedes Rois (Secretaria) e Beatriz Carrera (Vogal), e acompañados pola Asesoría Xurídica e colexiadas e colexiados do COETFG, no que se fixo un percorrido pola historia da entidade, lembrando o porque e o para que da existencia da organización, os logros acadados e analizando os grandes retos que quedan por diante.

25 anos de historia que teñen todo o seu sentido, grazas á unión da forza das enxeñeiras e enxeñeiros técnicos forestais que apostan por unha defensa común da profesión e por contar con servizos cercanos, personalizados e con atención inmediata, aportando ca súa colaboración activa e desinteresada o impulso necesario para que unha entidade deste tipo poda camiñar con seguridade e con obxectivos claros.

No encontro abordouse unha mesa coloquio entre os asistentes, que centrou a atención do evento gracias ao debate mantido polas persoas participantes, en relación ó desenvolvemento do colexio e da profesión e á prospección a futuro, sempre sen perder de vista o amplo abano de competencias e atribucións que esta labor ofrece e onde están presentes numerosos profesionais que fan efectiva esa apertura multidisciplinar.

O encontro, ademáis de reforzar lazos e xerar novas sinerxías entre os asistentes, puxo en valor a labor que desempeña o COETFG e a importancia da súa presenza na sociedade, así mesmo consideráronse e encauzáronse novas propostas para dinamizar aínda máis o traballo da entidade dende un proxectocomún e colaborativo, co que poder xerar máis valor engadido á profesión e ó colexio.

Finalmente o evento pechouse cun balance moi positivo por parte de todas e todos os asistentes, convencidos de que a enxeñaría forestal é esencial para a sociedade, nun momento económicocargado de incertidume e complexidade en xeral, situación que na entorna da nosa profesión xa ven sendo habitual e que unha vez máis pon de manifesto a forza e resilienciada mesma, sempre co foco posto nun futuro cheo de oportunidades que non deixar pasar.

22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito