Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 01 octubre 2022
02:16
h

Homenaxe a Florencio Delgado no FalaRedes

Comeza a undécima edición do programa de dinamización da lingua galega para a familia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esdte martes a XI edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2022, que a a Xunta de Galicia pon en marcha en concellos e entidades adscritos na Rede de Dinamización Lingüística.

O representante da Consellería de Cultura destacou a vinculación que este ano garda FalaRedes co homenaxeado no Día das Letras galegas, Florencio Delgado Gurriarán, “pois a primeira actividade do programa está dedicada a dar a coñecer a súa traxectoria e a súa obra dunha maneira próxima e amena”.

Destacou ese “próxima e amena”, porque “non podemos esquecer que un dos obxectivos principais deste programa de dinamización lingüística é reforzar a oferta de ocio no noso idioma”.

Na presentación estivo acompañado por Inacio Vilariño, actor da peza Tras os vieirios de Florencio, que participou na presentación caracterizado como Florencio Delgado Gurriarán.

Tamén estiveron o músico Xabier Díaz, Francisco Castro, director xeral de Galaxia; Gustavo Adolfo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares; Nacho Fungueiriño, representante de Culturactiva; Federico Welicki e Verónica Santalices, do grupo musical O Viravai; Estívaliz Veiga, da compañía teatral O Reflexo; Gustavo del Río, dos Náufragos Teatro; o músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro.

En total, FalaRedes desenvolverá máis de 40 sesións de 8 actividades variadas.

A edición ábrese cunha peza teatral da compañía Fantoches Baj, Tras os vieiros de Florencio, que amosa a traxectoria, a obra e mais a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Xabier Díaz formará tamén parte deste programa coa proposta musical Levantarse e caer. Arrolos e abrentes, o novo disco dedicado aos pais que optan por transmitirlles o galego aos seus fillos.

A compañía de teatro Os Náufragos levará aos escenarios a súa obra Karelu, de Ismael G. Candal e Gustavo del Río, sobre a educación na familia, a violencia, a crise e os valores das sociedades contemporáneas.

Seguindo co teatro, o espectáculo (Algunhas) Cousas de Castelao nace da fusión entre o traballo que o actor Fran Rei vén desenvolvendo desde o ano 2017 no Obradoiro de Dramatización e Teatro da asociación Avante, dedicada ás persoas con diversidade funcional, e da súa propia experiencia previa na creación e produción da peza Retrincos de Castelao, de Culturactiva Producións.

Entre maio e xullo, o grupo de música infantil O Viravai representará, baixo xestión de Merlín Comunicación (Galaxia), A miña lingua, a túa lingua. E por primeira vez a ópera chega ó FalaRedes da man dunha obra contemporánea da autoría de Javier Ozores, O reflexo, unha proposta operística e teatral que parte de textos de Emilia Pardo Bazán.

O músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro propoñen unha iniciativa dobre que combina a música e a literatura. Por unha banda, e no 20 cabodano do pasamento de Carlos Casares, presentan a velada literario musical Tocata & fuga para Carlos Casares, coa colaboración da Fundación Carlos Casares.

Por outra banda, ofrecen Contos, cantos e pedraviva, que terá lugar en espazos patrimoniais significativos.

Con estas actividades ábrese a XI edición do FalaRedes, que a partir do verán se verá enriquecida con novas iniciativas emanadas da convocatoria TeCeRedes.

27 abr 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.