Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe aos colaboradores de EL CORREO GALLEGO Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva foron homenaxeados hoxe no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, nun acto ben sentido e emocionado en recoñecemento a ambos colaboradores de EL CORREO GALLEGO.

Francisco Castro fixo a ‘laudatio’ de Helena Villar Janeiro, destacando o seu labor pioneiro na LIX galega, comprometido e militante coa lingua, a literatura e o ensino, nunha carreira vizosa de case cinco décadas na escrita e que segue máis viva que nunca.

Poemas recitados por parte da súa neta Helena e outros feitos canción interpretados por Sheila Patricia foron o agasallo para a nosa escritora homenaxeada.

Por outra parte, o escritor Manuel Lourenzo Gonzalez fixo a ‘laudatio’ de Kiko da Silva, destacando o seu talento creativo multidisciplinar, o seu entusiasmo e entrega ao mundo da banda deseñada desde unha idade temperá. Agasallos dos nenos, mensaxes de afecto do seu círculo máis proximo e unha visita do noso querido Orbil foron os presentes para o ilustrador homenaxeado, que firma unha tira diaria neste xornal.

Unha xornada inzada de afectos e gratitude conducido por Carme Fouces Diaz que contou coa presenza de diversas personalidades do mundo da LIX e da cultura galega, e a colaboración de GÁLIX-Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. ECG

08 may 2021 / 19:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.