Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova cita na TVG con esta serie e tamén con ‘Pratos Combinados, nun bo programa dobre

Televisión de Galicia (TVG) aposta de novo esta noite pola emisión de novos capítulos da serie Do Dereito e do Revés, unha comedia creada por Xosé Cermeño que fala de galegos que precisan un avogado, con Víctor Fábregas como protagonista no papel de Moncho Patiño, un letrado moi peculiar e bastante trapalleiro.

Na entrega de hoxe, Moncho quere demostrarlle a Sara que é un home sensible. Para iso, e tamén a cambio de que admitan a Lucía nun curso de fotografía, acepta asesorar un concelleiro na elección dun cadro cuxa inauguración marcará o inicio da campaña electoral.

Que Moncho non teña nin idea de arte é o de menos, pois conta coa axuda de Manolo e do Pianista. Os tres teñen claro que precisan algo impactante. E tratándose deste trío, é probable que o consigan.

Do dereito e do revés é unha comedia sobre galegos que precisan un avogado. Esta aposta polo bo humor conta con guións de Xosé Cermeño, creador da mítica ficción Pratos combinados, por iso chega ata o prime time da canle pública galega.

Esta proposta da TVG chega xunto a Pratos Combinado, hoxe cun capítulo titulado Un home serio e formal. Como en calquera familia que se prece, as disputas están á orde do día, aflorando os problemas máis insospeitados.

Así, nesta ocasión son os continuos despistes e informalidades de Miro o que chega a fartar á súa muller Balbina. Comprometéndose a ser a partir de agora o home serio e formal que quere Balbina, Miro déixase aconsellar polo seu cuñado Antón, converténdose nun empresario laborioso completamente entregado ao Bar Suízo.

08 jul 2020 / 12:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.