Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ilustracións e novelas premiadas na Feira do Libro da Coruña 2021

O evento achegará esta semana a sinatura do autor compostelán Rodrigo Costoya

A Coruña.Hoxe a Feria do Libro da Coruña arrancará de novo ás 18:00 horas como en días anteriores, con todo, esta xornada abarca aos contacontos e a sinatura Vitoria García, autora de As formiguiñas filandeiras, un álbum ilustrado perfecto para falar de cooperación, de traballo en equipo e de como xuntos somos máis fortes. A súa creadora pontevedresa afincada no Morrazo, é xornalista e mestra de Primaria e comezou a escribir contos para introducilos nas súas clases, por iso moitos deles están inspirados nas experiencias e anécdotas que vive a diario na escola onde traballa.

Pola súa banda, a outra autora que completa a obra, neste caso, a través de ilustracións é a artista chantadina Laura Cortés.

Por outra banda, na axenda de mañá realizarase a sinatura de Estefanía Padullés, autora de Leopoldo, o pequeno monstro que é un libro que busca transmitir aos máis pequenos que todos somos diferentes, pero que todos somos únicos. Trátase do quinto libro editado con Hércules da autora de orixe catalá afincada en Paradela (Lugo), Estefanía Padullés, no que resalta, a través das súas ilustracións, valores tan importantes como o respecto á diversidade ou a integración.

Por outra banda, ás 18:30 horas terán lugar a sinatura de Luisa López, autora de Mi bebé estrella. A súa autora, a xornalista coruñesa Luisa López Gutiérrez, quixo realizar neste libro, titulado unha reflexión desde a súa propia experiencia sobre a superación persoal e o poder transformador do dó co obxectivo de dar voz ás familias que pasan por unha situación de morte perinatal. Ademais, esta publicación ten unha vertente solidaria, xa que os beneficios da autora derivados da súa venda destinaranse ao programa Viaxe cara á vida, da ONG Tierra de Hombres.

Como adianto, o xoves estará presente na feira o autor compostelán Rodrigo Costoya, gañador do premio Internacional de Novela Histórica Ciudad de Úbeda 2020 con El Custodio de los Libros.

Esta novela, que forma parte da mesma triloxía que a primeira, desenvólvese no Barbanza na segunda metade do século XV.

A firma está prevista para este xoves a partir das 20.30 horas na carpa que dispuxo a organización para os diferentes autores que van participar. ECG

03 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.