Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Impulso á creatividade do alumnado, eixo do curso de Aulas Dixitais

Participaron nestas xornadas os escritores galegos Rosa Aneiros e Mario Regueira

A Coruña. Coca-Cola continúa colaborando co profesorado no fomento da capacidade de transformar a creatividade do alumnado galego nun relato a través do programa Aulas Dixitais, que este xoves e venres contou coa participación de máis dunha vintena de docentes de centros de ensino galegos.

Os escritores Rosa Aneiros e Mario Regueira foron os encargados de dirixir os talleres do Programa Aulas Dixitais, enmarcado dentro da 12 edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto, organizado por la compañía Coca-Cola co apoio da Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A xestora de comunicación de Coca-Cola Gema Domínguez foi a encargada de abrir as xornadas agradecendo o esforzo do profesorado nestes meses de incerteza e destacando a aposta da compañía polo talento da mocidade.

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, salientou pola súa banda durante a inauguración de Aulas Dixitais “a importancia desta iniciativa que vencella o ámbito escolar ao sistema literario galego e que contribúe á dinamización da lectura nas aulas superando as barreiras que nos impón a complexa situación que vivimos”.

Asimesmo, felicitou a Coca-Cola por “manter o seu compromiso coa promoción do uso da lingua galega no ensino e achegar ás aulas escritoras e escritores que apostan polo idioma como ferramenta da súa creatividade artística e literaria”.

estratexias de narrativa. Tamén, o escritor Mario Regueira compartiu durante o primeiro dos talleres que se celebraron na tarde do pasado xoves 4 de febreiro, as estratexias da narrativa nos últimos cincuenta anos e trasladou ao profesorado asistente a Aula Dixitais estratexias para facer os textos máis atractivos, lúdicos e capaces de mesturarse con outros xéneros e eidos artísticos.

Finalmente, a sesión de onte correu a cargo da escritora e xornalista Rosa Aneiros, que realizou a súa intervención a través de contidos centrados na estimulación lectora e creativa do alumnado e baseados na súa propia experiencia literaria. redacción

06 feb 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.