Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Impulso xornalístico ao CiPG en Santiago

Colaborarán coa APSC nas diversas actividades a Facultade de Comunicación da USC e o CPXG

O Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), cuxa sede oficial está ubicada na rúa Nova nº 9, en pleno centro histórico da capital galega, conta xa con importante apoios de colaboración trala súa inauguración oficial o pasado 9 de xullo.

Neste sentido, cabe destacar que trátase, a nivel académico, da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, e a nivel de representatividade sectorial, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), cuxos decanos, Ana Isabel Rodríguez e Paco Sarria, respectivamente, asinaron un acordo de colaboración co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC/FAPE), Luís Menéndez, representante da entidade xestora do centro.

Un acordo polo que as tres entidades se mostran dispostas a colaborar na celebración de diferentes eventos nos locais do CiPG como poden ser roldas de prensa, debates, mesas redondas, retransmisións, cursos de formación, conferencias, exposicións e eventos de todo tipo relacionados tanto co xornalismo, como cos medios de comunicación.

Neste sentido, as tres organizacións están a elaborar un programa de actividades, tanto para levar a cabo de forma conxunta coma separadamente, e que está previsto que se desenvolverán a partir do vindeiro 8 de outubro.

A data elixida para esta presentación coincidirá co día no que está previsto levar a cabo un acto da apertura social á cidade de Compostela, e a partir da cal se se dará inicio a programación regular do Centro Internacional de Prensa de Galicia.

06 ago 2022 / 22:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.