Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Incorporar o galego a dispositivos de control por voz, obxectivo da Xunta

Valentín García identificou como “centros decisivos para o futuro”, os das universidades

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, avanzou onte que a Xunta de Galicia traballa xa nun “gran proxecto” para dese xeito potenciar a incorporación do galego a dispositivos de control por voz.

Durante unha comparecencia realizada na Comisión 4ª, Educación e Cultura do Parlamento galego ante unha pregunta do Bloque Nacionalista Galego (BNG) o secretario xeral emprazou a un período dunha década para que sexa posible “ter interlocución (oral) con todo tipo de mecanismos”.

Por iso, detallou que o Executivo autonómico traballa no desenvolvemento de “unha grandísima basee fonética, morfolóxica e sintáctica” do galego que deberá “ser compatible coas tecnoloxías de todo o mundo” para permitir a súa incorporación a dispositivos que ofrezan un control por voz.

Así mesmo, o secretario xeral puxo en valor o traballo realizado para fomentar a utilización do galego por parte de mozos a través de campamentos e accións de promoción da lingua como a levada a cabo no marco do Resurrection Fest, que se celebra cada ano en Viveiro (Lugo) cunha asistencia de milleiros de persoas e unha oferta musical de rock, punk, metal, heavy e hiphop. Ese festival é un exemplo de que a música tamén pode xenerar vento a favor do galego e do eido turístico pois trátase dun evento que ten moito público chegado de fora.

Ademais, Valentín García afirmou que Galicia presenta as “mellores (cifras) do Estado” en canto á utilización do seu idioma propio.

De feito, explicou que, aínda que o Instituto Galego de Estatística (IGE) apunta que só un 24% dos nenos de entre cinco e 14 anos falan galego e castelán ou só o primeiro destes idiomas, esta porcentaxe increméntase ata o 36% na franxa de idade qie vai comprendida entre os 15 e os 29 anos.

Con todo, o secretario xeral de Política Lingüística advertiu de que debe continuarse o traballo realizado para promover o uso da lingua propia da comunidade, para o que resulta preciso “ter un consenso social”.

E na súa intervención, Valentín García, amén identificou como “centros decisivos para o futuro do galego” os correspondentes ás universidades, aínda que recalcou que estas dispoñen de autonomía.

PROMOCIÓN EN FESTIVAIS MUSICAIS Pola súa banda, o deputado do BNG Daniel Castro, que formulou a pregunta que deu lugar á comparecencia, tachou de “incomprensible” que en festivais apoiados pola Xunta de Galicia como o Son do Camiño (cita musical feita en Santiago, no Monte do Gozo) “entre máis de 50 grupos só haxa un en galego”.

Así, García remarcou que, a pesar de que resulte preciso incorporar a referentes internacionais para que a xente acuda a estes eventos, “é totalmente asumible incrementar a cifra de contratación de grupos en galego”.

Adicionalmente, incidiu na necesidade de traballar para permitir que os dispositivos que utilicen a intelixencia artificial incorporen o galego dado que este sistema representará “un elemento máis para comunicarse” no futuro.

Así, recalcou a importancia de permitir que un mozo poida “vivir as 24 horas (do día)” na lingua propia da comunidade, para o que asegurou que resulta preciso fomentar a incorporación deste idioma a dispositivos e redes sociais.

Tamén sinalou que unha das prioridades para fomentar o uso do galego na mocidade vai pasar por “acabar coa sensación de extranjerización dos galegos na súa lingua”.

A colaboración institucional, chave do novo Museo do Pobo Galego
O Goberno autonómico comprometido con iso, xa cun investimento de 400.000 euros

Santiago. A Xunta de Galicia apelou onte á colaboración institucional para que outras administracións se sumen ao Goberno autonómico no apoio ao Museo do Pobo Galego. Así o manifestou o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, no Parlamento, onde recordou que a Xunta é nestes momentos “o único financiador” do proxecto da nova museografía que se situará nos novos espazos recentemente inaugurados para o que, afirmou, “é necesario o compromiso de todos”.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou a importancia que esta ampliación terá para a institución.

“Falta por desenvolver a nova museografía prevista e polo momento a Xunta é a única institución que amosou o seu compromiso, garantindo 400.000€, o 50% do investimento previsto”, expresou. Porque as novas instalacións suporán un aumento exponencial da oferta expositiva, modernizada e adaptada aos formatos que hoxe en día se poñen en práctica na moderna museografía para a que, indicou, o Museo do Pobo está buscando apoio das restantes administracións. ecg

13 mar 2021 / 18:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.