Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iniciativa literaria: Premio Fundación Cuatrogatos

A finais do pasado mes a Fundación Cuatrogatos deu a coñecer as obras premiadas nas diferentes categorías, ademais das finalistas e da listaxe de obras recomendadas, que acollen a mellor Literatura Infantil e Xuvenil internacional, escrita en castelán.

Nesta ocasión hai que parabenizar a Editorial Kalandraka que recibiu o galardón pola súa fermosa historia Mi lazarilla, mi capitán, de Gonzalo Moure con ilustracións de Maria Girón, ao redor da discapacidade visual; e polo álbum sin palabras Mientras tú duermes, de Mariana Ruiz Johnson, sobre historias nocturnas da veciñanza dun barrio; ademais de resultar finalista Siete llaves para abrir los sueños, de Alfredo Gómez Cerdá e ilustrado por David Pintor.

Da selección de libros recomendados, son de salientar Leyendas del recreo. Campeones del mundo, de El Hematocrítico, e a novela xuvenil sobre transxénero 22 segundos, de Eva Mejuto, publicados en galego por Xerais.

m.fboo@udc.es

08 feb 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito