Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Isabel Pintado leva ‘Un mar de libros’ ao Marcos Valcárcel

Comisariada por Antón Castro, Santalices eloxia da mostra a súa conexión coa identidade galega

Tras a recente exposición de Isabel Pintado no Museo do Pobo Galego, como homenaxe á revista Nós con motivo do seu centenario, a artista madrileña asentada en A Coruña desde hai trinta anos achegou a súa obra plástica, protagonizada polos libros, á cidade de Ourense, epicentro das vengaras que protagonizaron as figuras máis sobranceiras da Xeración Nós.

Unha mostra composta por lenzos e táboas de técnica mixta, óleo e obra gráfica, así como por unha sorprendente exhibición de libros de artista e libros intervidos.

Entre estes últimos, algúns de autores tan representativos como Risco, Otero Pedrayo, Valente, Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza, Manuel María, Cunqueiro, Franco Grande, Eva Veiga, Chus Pato ou Lois Pereiro.

No acto de apertura da exposición participaron o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, e o responsable do centro cultural Marcos Valcárcel Francisco González.

Todos eles gabaron a obra de Isabel Pintado.

Con Un mar de libros, no dicir do comisario Antón Castro, Isabel Pintado “réndelle un tributo á pintura dende o corazón do mellor dos símbolos, o libro, o máis asombroso dos instrumentos do que dispón o home, según Borges”.

O libro “como fonte de estados emocionais en virtude da variedade cromática de Isabel Pintado (O libro rosa, Pensamento vermello, Chuvia azul) ou dunha simbólica luz (Alicerces de luz, Nocturno, Libros ao aire, Bosque de luz...) que nos remite ao paisaxe-natureza (incluíndo o propio libro) como un estado da alma”, engadiu.

E a artista faino desde unha proposta orientada á procura da beleza como unha homenaxe á nosa identidade cultural e espiritual. Unha proposta “entre natureza e cultura”, sinala Antón Castro.

Aberta ao público ata o primeiro de maio nesta exposición figuran cadros procedentes de coleccións particulares de Galicia, Andalucía, Madrid e Portugal.

15 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.