Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Isabel Zendal, a primeira muller de misión internacional

Se a algo lle hai que dar mérito a Isabel Díaz Ayuso, é de poñer en boca de todos o nome da súa homónima, Isabel Zendal, dúas palabras que hoxe en día coñecemos case todos, pero que de aquí a dous anos para atrás non formaba parte do noso saber sobre a historia de Galicia e dos seus persoeiros.

A historia desta muller é desconcertante e enfeitizante a partes iguais, cunha curiosa nota lúgubre que deixa un sabor amargo. Con todo, o que é indiscutible e que Zendal non tivo o mesmo recoñecemento que os seus compañeiros na Real Expedición Filantrópica da Vacuna, que perduraron na historia ao longo dos séculos, mentres que a súa figura quedou esquecida.

A ordense Isabel Zendal nacía no seu dunha familia humilde de tradición campesiña aló polo ano 1773. Súa nai, paradóxicamente, morría de varíola cando ela tiña tan só trece anos, momento no que se muda á metrópole herculina a gañar o seu propio pan. A partir deste momento, comeza a labrarse unha vida por si mesma, e acaba sendo a directora do orfanato coruñés La Inclusa a comezos do século XIX.

Alí sería unha rexidora salientable, que tentaba facer daquela institución un fogar para os rapaces que alí vivían. En paralelo, o coñecemento que había na sociedade sobre unha das enfermidades máis mortíferas da historia da humanidade non facía máis que medrar, e a oídos dun cirurxián español, Javier de Balmis, chega a nova sobre un gran descubrimento: quen se contaxiara con anterioridade da varíola bovina, non sufría as consecuencias letais da variedade letal do virus que afectaba aos humanos.

Comeza así a andaina da Real Expedición Filantrópica da Vacina, que buscaba levar ás colonias españolas en América e Asia a cura contra esta enfermidade.

Nembargantes, esta é unha desas historias que semellan máis bonitas sobre o papel e, sobre todo, dende a distancia. O proceso de vacinación era doado: recollíase o líquido das pústulas que saían na pel das persoas infectadas con varíola bovina, e infectábase con el a outra persoa para pasarlle os anticorpos. Deste xeito, a infección da variante humana da varíola non chegaba a ser letal.

A labor de 22 orfos. Pero para poder levar a cabo este proceso en América a enfermidade tiña que chegar viva ao outro lado do océano, polo que se opta por unha solución desas que hoxe en día semellan imposibles: empregar 22 nenos orfos para facelo, cos que iría a directora do orfanato.

Nun primeiro momento, ninguén contemplara a posibilidade de contar con alguén que coidara dos rapaces, pero un dos cativos que Balmis levara á Coruña dende Madrid morrera na viaxe, o que evocou a imperante necesidade de mantelos vivos. Esa sería a labor de Isabel Zendal, a enfermeira da expedición que tería que asegurarse de asegurar o futuro da vacina da varíola nas colonias españolas.

Isabel tería o mesmo rango nesta expedición que os seus compañeiros homes, e recibiría o mesmo salario -cuestións que, para a época, son todo un fito-. Á chegada da embarcación ao continente americano a vacinación foi un éxito, e lévase ata Filipinas e India en cuestión de anos. Pola súa banda, dos protagonistas da nosa historia pouco máis se sabe.

De cumprirse a promesa do rei Carlos V, os cativos que deron o seu corpo para transportar o virus recibiron unha formación nas colonias e posibilidades de futuro no seo dunha familia adoptiva. Isabel Zendal foi en terra a encargada de poñer en marcha o sistema de Xuntas de Vacinación unha vez en terra, e participou noutra expedición polo continente asiático.

Con todo, o seu nome non perdurou nos libros de historia como o fixeron os dos seus compañeiros de expedición. A súa labor quedou relegada á de coidadora, e non recibiu o renome que se merece ata séculos máis tarde, cando a ONU a recoñece no 1950 como a primeira muller que participou nunha misión internacional.

16 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.