Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iván Trujillo presidirá o xurado do Ourense Film Festival deste ano

Santiago. A 26ª edición do Ourense Film Festival (OUFF), a celebrar do próximo 24 de setembro ao 2 de outubro, organizada pola Fundación Carlos Velo coa colaboración principal da Deputación de Ourense, continúa a súa progresión co anuncio por parte da organización da aceptación do cineasta mexicano e actual director de TV UNAM, Iván Trujillo, como director do Xurado Internacional da Sección Oficial, despois da súa reunión en Madrid cunha delegación da Fundación, coa súa presidenta Carmen Leyte á fronte. Durante o citado encontro, trasladóuselle a Iván Trujillo a concesión da máxima distinción anual que concede a citada Fundación, Veliano de Honra, outorgada a quen mantivo relación co ilustre cineasta de Cartelle, do que Trujillo foi alumno e amigo distinguido. A concesión realizarase no marco do propio Ourense Film Festival e das súas características e desenvolvemento informarase proximamente. REDACCIÓN

04 ago 2021 / 00:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.