Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
OURENSE. Será o terceiro galardoado en obter a distinción de Televisión deste certame, despois da actriz galega Cristina Castaño e da serie ‘La que se avecina’. TEXTO Luis Planas

José Coronado recibirá premio nun OUFF que abrirá Alfonso Zarauza

O Premio Televisión do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) 2021 recaerá no actor Jose Coronado. O intérprete madrileño recibirá este galardón en recoñecemento a súa extensa carreira na televisión onde nos deixou papeis memorables en series como Brigada Central, Periodistas, Acusados, El Príncipe, Gigantes ou Vivir sin permiso e que agora estrea Entrevías. Actualmente, roda para Mediaset España Entrevías, unha nova ficción que o grupo produce xunto a Alea Media cuxo primeiro capítulo estrearase en exclusiva tras o acto de entrega do premio ao seu actor protagonista, o próximo 29 de setembro no Teatro Principal.

Coronado toma o relevo da actriz galega Cristina Castaño e da serie de Mediaset La que se avecina e será o tercer persoeiro en recoller este premio surxido no ano 2019.

A organización do festival salienta que “coa institución do premio OUFF Televisión, que na súa primeira edición foi recibido por Cristina Castaño, o festival quere salientar o pulo que a ficción televisiva está a tomar nos últimos anos, co engadido de incorporar recursos e estruturas narrativas tomadas do cine, ademais da propia dinamización do sector. Talento, creatividade e industria, están a camiñar da man no obxectivo común de producir imaxes de calidade, das que o premiado, José Coronado é un garante de prestixio.”

Gañador do Goya en 2012 pola súa maxestuosa interpretación en No habrá paz para los malvados de Enrique Urbizu, Jose Coronado non necesita presentación. É unha das caras máis coñecidas do audiovisual español. Naceu en Madrid en 1957 e decidiu facer un curso de arte dramático na Escuela de Cristina Rota cando estaba a piques de cumplir os 30. Un mes despois, conseguía o seu primeiro papel nunha obra de teatro. Dende entón, non parou de traballar. A súa dilatada carreira profesional inclúe preto de 40 películas, máis dunha ducia de obras de teatro e decenas de papeis en series para televisión. Ademais, estivo dúas veces nomeado ao Goya como Mellor Actor de Reparto por Goya en Burdeos, dirixida por Carlos Saura, e por La caja 507 de Enrique Urbizu.

Entrevías, a mencionada serie que roda actualmente, é un drama urbano que protagoniza xunto ao actor galego Luís Zahera e a nova actriz novel Nona Sobo. Narra a historia de Tirso Abantos, un home de principios cuxa existencia rutineira dá un envorco cando a súa neta adolescente irrompe de cheo na súa vida.

Para rematar este ano de éxitos, Coronado recibirá en Ourense o Premio OUFF Televisión o vindeiro 29 de setembro, nunha gala na que se estreará en exclusiva o primeiro capítulo desta nova serie.

Por outra banda, Malencolía é a película escollida para inaugurar a 26 edición do OUFF ). A estrea mundial deste filme durante a gala de inauguración do festival dará arranque a 10 días de cine nos que Ourense, como plató de cine, volverá a brillar no universo cinematográfico. E é que esta historia de terror pouco convencional foi rodada este mesmo ano en escenarios do Carballiño, Boborás e O Irixo. O filme está producido por Maruxiña Film Company e conta coa participación de Televisión de Galicia e a colaboración da Deputación de Ourense.

Malencolía é o sexto filme do director galego Alfonso Zarauza (natural de santiago), o último despois doéxito acadado con Ons (2020). Conta con Xulio Abonjo e Melania Cruz como protagonistas, aos que acompañan Iolanda Muiño, X. A. Touriñán, Ledicia Sola ou Tito Asorey, entre outros intérpretes.

Hoxe

Presentación. As 11:30 horas deste martes no Hall do Centro Cultural Marcos Valcárcel vai facer se a presentación oficial da 26 edición do OUFF, un acto onde van intervir Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, Miguel Anxo Fernández, director artístico do OUFF, Rubén Saavedra, director territorial de Ourense de ABANCA, Xosé Pastoriza, director de La Región, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. tienNona Soboesi.

Invitacións. O Centro Comercial Aberto Ourense Centro xunto co OUFF organizan, novamente, o ciclo de cine familiar durante a nova celebración do festival ouresán. O sábado 25 de setembro ás 12 h. schega ‘Cuñados’, de Toño López, un filme rodado integramente en Ourense e no que as risas están aseguradas con Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez e Eva Fernández. O domingo 26 de setembro, no mesmo horario, será a quenda de ‘Earwig y la bruja’, o último filme de animación de Studio Ghibli. Nesta película cóntase a historia de Earwig, unha nena orfa que ten a habilidade de conseguir que os demais fagan o que quere, pero todo cambia cando a adoptan.

Para conseguir invitacións, tan só hai que acudir aos establecementos do CCA Ourense Centro. Con cada compra realizada os clientes recibirán unha invitación, válida por unha entrada para un neno e unha para un adulto. Esa invitación deberá ser canxeada polas entradas para a película que se escolla (ata fin de aforo) nun stand que está instalado na rúa do Paseo.

Exposición. Entre as actividades anteriores a este certame, no Centro Cultural Marcos Valcárcel está a exposición ‘ Atencióoooon, rodamos en Ourense!!”.. Nesta mostra, comisariada por Xosé Lois Vázquez ‘Che’ faise un repaso pola longa traxectoria dun escenario de do audiovisual nos últimos tempos: Ourense. E é que tanto a cidade das Burgas como diferentes rincóns da provincia se converteron nun auténtico e luxoso plató de cine ao aire libre. Eesta Aexposición que recolle as rodaxes que tiveron lugar en Ourense, capital e provincia, ofrecendo fotografías, textos, publicacións e todo tipo. de elementos utilizados nos decorados das películas.

20 sep 2021 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.