Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Kiko Da Silva di que a imaxinación deixa facer que o mundo sexa máis habitable

O ilustrador e debuxante plasma dunha forma plástica o espazo de ‘Moncho e a Mancha’, onde a curiosidade é inseparable da creación

Kiko Da Silva, debuxante, ilustrador, historietista e director de Garaxe Hermético, acaba de publicar, con motivo do vinte aniversario da editorial Kalandraka, un libro ilustrado sobre arte contemporánea para cativos: Moncho e a Mancha.

O tamén colaborador de EL CORREO GALLEGO comezou o proceso creativo desta obra durante os seus estudos na Facultade de Belas Artes. A decisión de abordar este libro veu derivada da cantidade de obras para nenos que se trataban desde un punto de vista excluínte da arte, unha realidade onde os pequenos nacían artistas, cando non é así.

Segundo o creador de Moncho e a Mancha, Kiko da Silva, “unha das cousas que xermolou a idea do libro é que, vendo os que hai sobre arte contemporánea para cativos, atopeime con algo que non me gustaba a nivel de mensaxe”.

Ante esto, decidiu comezar un libro que rompera con esta concepción, xa que, según él, “a arte é algo que se pode aprender, é algo que podemos gozar, e non temos por que utilizar ese tipo de estamentos, máis proclives dos adultos que dos nenos”.

Ao mesmo tempo, o volume tenta provocar e animar aos cativos a experimentar o mundo da arte, a prender dela e especialmente, a desfrutar de crear e de imaxinar.

Segundo explica, “unha das cousas que temos pendente actualmente na nosa sociedade é a de darlle o valor que realmente constitúe no eido artístico, sobre todo nas artes plásticas. Normalmente, dentro da formación, este está vencellado sempre a algo de pasar o rato, non se lle da a mesma importancia que a outras asignaturas, e a problemática que implica é que a formación presente baleiros.

Con Moncho e a Mancha a idea é achegar aos máis pequenos a posibilidade de descubrir novas formas de comunicar dun xeito visual, intentar fuxir desa concepción da “formación vecellada a unha época da revolución industrial, na que todo tiña que ter unha utilidade, cando as artes non teñen que selo. Son útiles para sobrevivir” , afirma o seu autor. Ademais, para poder plasmar esta idea e fomentar a actividade creativa nos nenos que collesen este libro, o método e a técnica tamén son partícipes desta intención.

Por unha parte, o acabado plástico que ten Moncho e todo o mundo que rodea o seu espazo é unha selección meditada do creador. Kiko Da Silva sinala que “realmente eu o que fixen foi poñer enriba damesa un tipo de ilustración que non era moi habitual naquel momento”. A través dun estilo que pretende escapar da segunda dimensión e a ilustración máis gráfica, o autor engade que o seu propósito era que “os cativos pensasen que Moncho vivía nun pequeno país, nun planeta onde as cousas están feitas, neste caso con cemento cola, con cerámica e con elementos de refugallo, onde hai puntas e hai papel de lixa”.

A Mancha. Con todo, a idea era plasmar a mancha como algo importante durante o libro, e por iso o material que máis abunda é o cemento cola.

“Eu o que quería era propoñer un acabado plástico diferente para que a xente se dera conta de que tamén se pode facer arte con calquera cousa. De feito, eu cando ilustrei o libro pasei máis tempo na ferretería que nunha tenda de arte”, apunta Kiko Da Silva, que a través do retrato de Moncho e do seu mundo, en forma e contido, pretende reivindicar que todos os materiais son válidos para experiementar e para fomentar o desenvolvemento creativo e imaxinativo nos nenos.

Neste sentido, un punto importante é a formación artística, nos colexios e en calquera centro, xa que “hai unha serie de comunicación visual que deberíamos coñecer, sobre todo porque vivimos nun mundo que é 100 % visual, e cada vez máis, polo que é importante ter mecanismos de expresión de forma plástica”, considera o ilustrador.

Pretende fomentar a imaxinación, xa que esta é quen “de facer o mundo moito máis habitable e moito máis interesante do que actualmente o é”.

O pensamento e a curiosidade son elementos indispensables para a creación de calquera peza artística, dado que a creativividade “cambia a forma de entender o mundo” e “non se pode, crear nada sen curiosidade” di Kiko Da Silva.

O libro reivindica inquedanza e a exploración de novas formas de comunicar, desta vez a través dunha mancha que, dependendo do ollo de quen a mire, será todo menos o que parece: unha mancha.

13 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.