Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘La Tribuna’ será dirixida por Marilar Aleixandre a partir de agora

A académica asume o cargo á fronte da publicación tras o pasamento de Barreiro

Santiago. A Real Academia Galega nomeou a académica de número Marilar Aleixandre nova directora de La Tribuna. Cadernos de estudos da Casa-Museo, a revista da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. A escritora e catedrática ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela substituirá no cargo o académico Xosé Ramón Barreiro Fernández, falecido o pasado mes de marzo.

Canda Marilar Aleixandre, o académico correspondente José Manuel González Herrán, un dos máis significados especialistas na obra de Emilia Pardo Bazán e catedrático emérito da USC, será o director adxunto da publicación, e a académica correspondente Olivia Rodríguez, profesora da Universidade da Coruña, asumirá a secretaría.

A revista, que se publica dende 2003, congrega os maiores especialistas na figura e na obra de Emilia Pardo Bazán de todo o mundo. Os números poden consultarse na web da publicación.

A nova dirección da revista coincide co centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. A RAG celebrará ese día, o 12 de maio, un acto conmemorativo na rúa Tabernas, sede da institución e da Casa-Museo da escritora, onde se conserva boa parte do seu arquivo e biblioteca persoais.

A programación da RAG co gallo do centenario da intelectual inclúe, entre outras actividades, un congreso internacional a finais de outubro, cadrando coa chegada á Coruña da exposición Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade, á que a Academia contribúe con setenta pezas. ecg

03 may 2021 / 16:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.