Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Land Rober’, con Emilio Guillín, Susana López
e Mariam Hernández

Este formato semanal que leva Roberto Vilar acada bos datos de audiencia na TVG

Santiago. A actriz Mariam Hernández e os xornalistas Susana López e Emilio Guillín visitan hoxe Land Rober, formato que Roberto Vilar dirixe cada xoves na franxa do prime time da Televisión de Galicia (TVG).

Este formato semanal que leva Roberto Vilar acada bos datos de audiencia cada semana na grella da canle pública galega cunha mistura de entrevistas, humor e tamén chiscos de música e concursos, tendo tamén sona nas redes sociais onde osseus gags en vídeo teñen bos indices de interacción, mesmo aqueles clips que botan de xeito previo como outros.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa neste curso con Berto Romero, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Chenoa, Antonio Garrido, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Jaime Cantizano e Lucía Veiga, entre outros convidados que fan deste espazo un referente da Televisión de Galicia. ecg

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

15 abr 2021 / 00:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.