Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Land Rober’ contará hoxe con Pedro Ruiz

Conducido por Roberto Vilar, mistura humor e entrevistas e ao show unirase Víctor Fábregas

O programa Land Rober Tunai Show (TVG) recibe este xoves o presentador e actor Pedro Ruiz, que será posto a proba no Mira quen chama celebrities. Quen estará ao outro do teléfono? Os espectadores van quedar pampos cos famosos que entrarán hoxe en directo. Ademais, ao show unirase Víctor Fábregas.

O público do programa tamén será protagonista nunha nova entrega de Non cho creo. Destrezas estrañas, capacidades indescritibles, retos imposibles... De que serán capaces os pintamonas? E, por se fose pouco, haberá novas sobre a limpeza das leiras, xa que a alcaldesa de Traspazos reunirá os veciños para ver como avanzan os traballos.

Por outra banda, falando doutros contidos para hoxe na grella da canle pública galega, o programa téxtil de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo recolleu case un millón de quilos de roupa e axudou máis de 5.000 persoas. A Revista afondará hoxe neste proxecto xunto á súa coordinadora, Mari Luz Jorge, e a técnica de acompañamento, Rocío Teixeira. A doutora en Ciencias Biolóxicas da USC e profesora titular da Escola Politécnica Superior de Lugo Rosa Romero, quen tamén forma parte do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, achegarase ao estudio para falar dos perigos dos froitos velenosos. O magazine desprazarase a Santiago, onde terá lugar a inauguración do I Congreso Mundial Xacobeo da Academia Xacobea. Os espectadores coñecerán coa técnica de turismo María José Mourenza o primeiro escape room ao aire libre de Galicia, lanzado pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago,

03 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.