Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A cómica galega e o actor andaluz Antonio Garrido, convidados de Roberto Vilar na TVG

O actor andaluz Antonio Garrido e a humorista galega Lucía Veiga son hoxe os convidados especiais de Roberto Vilar na nova entrega de Land Rober!, un dos formatos de maior sona na grella da Televisión de Galicia (TVG).

Unha das súas últimas entregas, a da pasada semana con Luis Zahera e Omar Montes como protagonistas, tivo unha audiencia dun 15,8% de cota de pantalla logo de acadar un seguimento de 121.000 espectadores e sindo ollado nalgún intre ata por 344.000 persoas, segundo sinalan datos de Dos30TV, axencia audiovisual especializada nestes analises.

Amais das entrevistas desta noite con Antonio Garrido e Lucía Veiga, este espazo que mistura humor e conversas, tamén vai facer nesta nova andaina semanal, a número 213, una sección adicada “ós novos talentos de hoxe na comedia galega”.

Roberto Vilar, que vai cada semana vestido polo deseñador Felix Ramiro, fai entrevistas e tamén skechts para que os convidados sexan quen de colaborar en enredos que xa supoñen a identidade deste formato producido por CTV no seu set de Teo.

Nas redes sociais de Land Rober! hai formularios para que medre a participación dos espectadores dun xeito especial nestes tempos tan atípicos. Din: “Dese xeito estarás no plató sen saír da casa, coas incomodidades de ter que aturar a Rober pero coa posibilidade de falar co teu invitad@ favorit@”, salientan

É preciso ter o día da convocatoria dispoñiblidade das 21.45 ás 00.30 horas e unha boa conexión á rede.

xsanmartin@lcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

05 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.