Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lendas populares sobre pantasmas

Triqueta Verde publicou, a finais do ano pasado, A pantasma da illa de Cortegada, un álbum con texto de Paula Carballeira (Fene, 1972) e ilustracións de Blanca Millán (Touro, 1991).

As autoras, cunha complicidade ben ensamblada, lévannos a descubrir, xunto á mariscadora Maruxa a brava quen está detrás da pantasma de Cortegada, un ser misterioso ao que lle temían os veciños e non se atrevían a cruzar o Camiño do Carro (de Carril a Cortegada). A valente Maruxa, a cambio dunha empanada, fixo o percorrido para descubrilo. Despois de desconfiar de moitas das maneiras nas que se lle manifestou a pantasma e, a punto de abandonar, aparecéuselle. Con ela pasouno ben e prometeulle volver e non descubrila. Só dixo que viu bailar a unha pantasma chamada Leonor na illa de Cortegada e que pode crerse ou non. A escrita é áxil e atraente, ben complementada coas ilustracións, moi do gusto de calquera lector.

marta.neira@usc.es

14 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.