Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

lnaugurada a exposición ‘Wonder Women’ no CGAC

ARTE. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde hoxe Wonder Women, a primeira exposición que bota a andar nesta instalación e en toda a cidade de Santiago de Compostela tras a crise da covid-19. A mostra, comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por artistas mulleres. Permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro.

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, destacou a calidade das obras incluídas na exposición durante a rolda de prensa de presentación celebrada onte. Na mesma tamén participaron o comisario da mostra, así como Agar Ledo e Pedro de Llano, membros do grupo de traballo que organizou a exposición.

O título da mostra fai referencia a unha obra de Birnbaum que se inspira nunha superheroína. ECG

18 jun 2020 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito