Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Los del Río, Fátima Pego e Dj Sonic, sons de ‘Bamboleo’

O espazo de entretemento da Televisión de Galicia para cada noite dos sábados chega presentado por Xosé Manuel Piñeiro

A variedade musical e a diversión están asegurados cada sábado con Bamboleo, o espazo de entretemento da Televisión de Galicia que presenta Xosé Manuel Piñeiro.

Nesta ocasión, o espazo da TVG recibirá a visita dun dúo que conseguiu o éxito coa canción española máis internacional de todos os tempos: Macarena. Antonio e Rafael, compoñentes de Los del Río, visitan o plató de Bamboleo para facer bailar ó público co seu éxito mundial, así como para presentar outros temas, inéditos e clásicos.

Tamén pasarán polo programa dous artistas galegos que estrean unha nova colaboración, DJ Sonic feat Fátima Pego. Interpretarán A meiga da verbena un tema que acaban de estrear este verán 2020 e que presentarán no escenario do Bamboleo.

O Grupo JB Son amenizará esta noite de festa coas súas versións de temas moi coñecidos e bailables; por outra banda, no Dirtidansi, a parella formada por Jesús e Lucía ofreceranos un chachachá e unha rumba-bolero.

No Agora ou Nunca escoitaremos a Sonia Vega co tema Entre el cielo y el suelo de Mecano e a Carmen Gracia, cunha versión en galego do inesquecible Can’t take my eyes off you, de Gloria Gaynor.

E tamén hoxe os representantes dos clubs deportivos Couto Ourense Fútbol Sala e Escola Rosalía Peixes Vimar de Bembrive xogarán en A Jrileira cantando La barbacoa de Georgie Dann e acertando intérpretes.

Na ITV Do Amor un concursante do público terá que adiviñar quen é a parella de Luís para gañar un fantástico premio. E por se acaso as risas son poucas, ollo ao dato que os colaboradores: Tamara, Isi e Damián, han estar moi ben atentos para sacarlle punta a cada saída dos participantes no concurso.

E, por outra banda, hoxe tamén na grella da TVG; hai oco para a sétima arte coa emisión en versión orixinal subtitulada da longametraxe de Geoge Cukor, Dobre traición.

A trama fala dun personaxe chamado Tony, unha grande estrela do teatro. Britta, a súa parella nos escenarios, foino tamén na vida real, aínda que levan divorciados máis de dous anos. En canto comezan os ensaios de Otelo, Tony volve transformarse unha vez máis ata perder a súa personalidade e adquirir a do celoso moro veneciano. É un filme de 1947.

15 ago 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.