Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Manzaneda, a forza da oferta de turismo, deporte e natureza

Manuel Baltar e Alfonso Rueda participaron na presentación das actividades que acollerá a estación de montaña desde esta fin de semana

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou onte xunto ao vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda na presentación das actividades que acollerá desde a próxima fin de semana a estación de montaña de Manzaneda para ofrecer este verán unha proposta alternativa de turismo activo, deporte e de natureza que axudará a desestacionalizar a oferta turística do complexo e atraer visitantes durante todo o ano e non só na tempada de neve na estación de esquí. Ao acto tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; o tenente de alcalde da Pobra de Trives, Miguel Sierra, e Albert Montaner, responsable de Artabria Turismo, a empresa que xestiona a estación de montaña.

O presidente do goberno provincial confirmou “o apoio incuestionable” da Deputación de Ourense na nova etapa de Meisa, dando, conxuntamente coa Xunta de Galicia “un pulo definitivo a unha instalación que é referente en Galicia e no norte de Portugal”, e fala de Manzaneda “como a estación de ocio de Galicia” e avoga por unha xestión chea de obxectivos por parte de la Artabia Turismo “na que a desestacionalización cobra especial relevancia. O deporte, as familias, a natureza e o medio ambiente son palabras que forman parte do vocabulario de Manzaneda nesta nova etapa marcada tamén pola pandemia, pero na que hai unha determinación por parte de todas as administracións para que repunte como un polo de atracción turística e social”. Esta fin de semana incorporaranse outras actividades como: unha tirolina xigante de 250 metros, un parque multiaventura, xogos tradicionais, slackline, circuítos de orientación e tiro con arco.

08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.