Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Maraver ofrece hoxe unha charla sobre augas termais

TERMATALIa O catedrático de Hidroloxía Médica da Complutense de Madrid Francisco Maraver inaugurará este mércores en Expourense a primeira xornada do II Congreso Internacional sobre Auga e Saúde de Termatalia, promovida pola Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, nun encontro que analizará o papel dos balnearios na recuperación da saúde trala pandemia.

Baixo o título Tratamentos das secuelas pos-covid nos balnearios europeos, o experto repasará a situación do sector termal en Europa dende xaneiro do 2020 ata hoxe, a tipoloxía das secuelas da pandemia e a realidade dos tratamentos nos balnearios neste período, así como as actividades e estratexias nas que o doutor ten participado para responder ao reto, tanto dende a administración como dende sociedades empresariais e científicas. Así mesmo, abordará as evidencias e os beneficios da balneoterapia nas secuelas pos-covid, ademais dos fundamentos científicos destes tratamentos.

Na opinión do doutor Maraver, as propiedades saudables das augas minero medicinais poden ser unha excelente oportunidade para o coidado das persoas tras a pandemia e para a reactivación da industria termal, logo do peche ao que estiveron abocados os establecementos balnearios en toda Europa dende o inicio da emerxencia sanitaria, agás no verán do pasado ano.

Na actualidade, os balnearios galegos e de toda Europa atópanse nun proceso de gradual volta á actividade, recuperando o seu papel no sector do turismo de saúde e benestar, e preséntanse como unha alternativa axeitada para o descanso. ecg

14 sep 2021 / 17:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.