Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
12:57
h

Marionetas galegas na Cidade da Cultura os mércores

cultura. A Xunta de Galicia anima ás familias a gozar na Cidade da Cultura de Galicia dun Agosto monicrequeiro con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas que actuarán no Xardín do Teatro os mércores 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, ás 19,00 horas. A entrada é de balde, previa inscrición en www.cidadedacultura.gal, e con capacidade limitada para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria da covid-19. As tres actuacións celebraranse ás 19,00 horas, no Xardín do Teatro. Habilitaranse prazas dobres e cuádruplas para conviventes e será obrigatorio a máscara sanitaria en todo momento. No caso de choiva, os espectáculos trasladaranse ao andar -1 do Museo Centro Gaiás. Agosto monicrequeiro botará a andar o vindeiro mércores con Boabab Teatro e o seu espectáculo Roque, Roquiño descobre o camiño. O seguinte mércores, día 12, será a quenda do espectáculo Titiricircus de Tanxarina Teatro, no que se homenaxea os números de máis éxito dos circos tradicionais xa desaparecidos. Esta compañía tamén ten no seu currículo recoñecementos varios; os máis recentes o Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres da Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas (Feten) ou o María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil. Marionetas de fíos, de variñas e sombras chinesas predominan nos seus traballos como un sinal de identidade desde os seus primeiros espectáculos. Pechará este ciclo familiar o día 19 Os monicreques de Kukas, a compañía profesional de teatro de obxectos máis antiga de Galicia (1979). REDACCIÓN

02 ago 2020 / 01:21
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito