Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Marisa Castro publica a súa primeira novela, ‘A saga das curandeiras’

Santiago. A saga das curandeiras é a primeira novela de Marisa Castro, recoñecida bióloga galega que nesta ocasión mergúllase na ficción para nos achegar a Rosalía Carcedo, unha curandeira a través de cuxa vida nos convida a facer unha viaxe durante a primeira metade do do século XX, desde a súa Galicia natal, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe á que volveu durante a ditadura. Alí, Rosalía, personaxe ficticio baseado na sabedoría dos antepasados da autora e dalgunhas curandeiras ás que visitou, continúa aplicando o seu coñecemento dos remedios naturais, a pesar da incomprensión e a incredulidade dos que a rodeaban. A saga das curandeiras está editada por Hércules de Ediciones en galego e en castelán e chegará as librarías a próxima semana.

A trama permite coñecer a relación das curandeiras coa poboación e coas autoridades civís e relixiosas. A autora recolle na novela receitas e casos particulares que coñeceu da man da súa familia e de varios anos de investigación “in situ” sobre o tema, e axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos. PF

16 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito