Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Miguel Rojo e Pablo Prado, premiados polo Garaxe Hermético

Xerais lanzará en primavera o cómic gañador deste concurso

Nerea. O príncipe da sorte, una historia artellada por Pablo Prado e máis Miguel Rojo, ven de gañar o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, cun título que publicará a editorial Xerais na vindeira primavera.

Nerea. O príncipe da sorte, con guión de Rojo e debuxos de Prado, resultou gañadora logo do acordo dun xurado composto por Miguel Porto, Fernando Iglesias (Kohell) e Kiko da Silva, colaborador de EL CORREO GALLEGO, xornal onde asina a sección diaria de humor gráfico A silveira, quen estivo presente nesta decisión do concurso como parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais. Na súa acta salientan “a atractiva proposta gráfica da obra a cabalo entre a liña clara franco belga mesturada coa estética cartoon dos actuais debuxos animados”.

Así mesmo, destacan “o ritmo narrativo da historia e unha composición de páxina dinámica e atractiva”.

Nerea, o príncipe da sorte é unha historia de aventuras con doses de humor e cunha temática de actualidade.

“Conta a andaina dunha nena que cae nun charco e a partir de aí desenvólvese unha historia divertida centrada na prevención da saúde”.

Pablo Prado, o debuxante, xa recibiu o Premio de Fin de Curso do Garaxe Hermético por O derradeiro libro de Emma Olsen que adapta a banda deseñada a novela homónima de Berta Dávila e debuxou Os berros da motocicleta, con guión do mesmo Da Silva, donde conta a vida da represaliada Josefina Arruti Viaño nunha obra publicada polo Concello de Pontevedra.

Miguel Rojo, o guionista, exalumno da segunda promoción do Curso Profesional de sábados é colaborador da revista A viñeta de Schrödinguer e acaba de rematar a súa primeira novela gráfica que sairá publicada por Retranca a finais deste 2021.

Esta obra chamada Nerea. O príncipe da sorte, foi creada durante o confinamento pola pandemia do COVID.

28 ene 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.