Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Monografía sobre a banda deseñada na comunidade

A Editorial Galaxia rematou o ano coa publicación dunha interesante monografía que axuda a entender a evolución da Banda Deseñada en Galicia e a poñer as marxes entre dúas artes que se apoian: Literatura e Artes plásticas.

Referímonos á obra de Octavio Beares, A historia do cómic en Galicia, na que é de salientar a reivindicación do estudo desta arte que non foi moi apoiada pola crítica. Esta historia recórdanos os tempos de inicio da Banda Deseñada ou Cómic no sistema cultural galego, o que permite comparar a arte galega con correntes artísticas doutros sistemas culturais considerados pioneiros. Vén complementar e ampliar outros traballos realizados, ata o de agora, sobre esta arte que na actualidade conta cunha abundante produción editorial e cunha popularidade que obriga o profesorado, bibliotecarios, pais de familia e demais mediadores da lectura a contar coa Banda Deseñada dentro dos espazos de lectura..

blanca.roig@usc.es

07 feb 2022 / 00:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.