Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Motel Valkirias’, serie de CTV, xa ten en marcha a súa rodaxe en Teo

A Xunta de Galicia cofinancia o proxecto cunha achega de máis de 250.000 euros

Santiago. A serie galego-portuguesa Motel Valkirias iniciou este luns a súa rodaxe cunha primeira xornada de filmación no set instalado nun hotel de Teo, onde o equipo recibiu a visita do director a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. A Xunta de Galicia cofinancia o proxecto cunha achega de más de 250.000 euros á compañía compostelá CTV, que coproduce esta dramedia transfronteiriza xunto á lusa SPi.

Esta subvención encádrase na liña para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca a través do seu departamento de Industrias Culturais como parte do programa anual de axudas ao sector. Nel inclúense, así mesmo, as dirixidas ao desenvolvemento de proxectos, o impulso ao talento, a comercialización e difusión de obras audiovisuais, a organización de festivais e o funcionamento das salas de cinema.

A esta planificación súmanse as novas iniciativas do Hub Audiovisual da Industria Cultural da Xunta, un programa de apoio sen precedentes que busca acelerar a recuperación e garantir a estabilidade dos profesionais do audiovisual e do resto das industrias culturais galegas.

Esta iniciativa suporá un investimento de 9,6 millóns de euros ata 2023 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Eixo React-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia.

Na súa visita ao set, Sutil estivo acompañado polo showrunner da serie e de CTV, Ghaleb Jaber Martínez, o director de CTV, Xosé Arias, e o o managing director de SPi, Jose Amaral, así como polos representantes da Televisión de Galicia e da RTP portuguesa, implicadas tamén na realización desta serie que vai ter ata oito episodios.

A actriz galega María Mera e as portuguesas Marina Mota e María João Bastos conforman o trío protagonista desta dramedia, que mestura drama, suspense, emoción e humor para narrar unha historia de empoderamento feminino e superación personal. Álex Samapayo e Jorge Queiroga son os seus directores.

Esta conexión galego-portuguesa materialízase tamén no espazo transfronteirizo como escenario da acción, dando conta ademais da fluidez das relacións entre estas dúas industrias audiovisuais, que nos últimos anos está a reflectirse en importantes coproducións. Ademais, Motel Valkirias exemplifica a aposta de CTV pola distribución internacional, que tanto éxito lle reportou con O sabor das margaridas a través da plataforma Netflix. Motel Valkirias, que será distribuída por Onza Distribution, terá tamén localizacións noutros espazos das provincias da Coruña e Ourense, ademais de no norte de Portugal. ECG

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.