Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Motel Valquirias’, a nova serie coproducida pola galega CTV e SPI

A coprodución conta co financiamento da Xunta, que lle achega máis de 250.000 €

Ourense. O equipo da serie galego-portuguesa Motel Valquirias anunciou este sábado en Ourense a próxima rodaxe dos seus oito capítulos, que se levará a cabo en localizacións a ambos os lados da fronteira. Encabezada pola empresa compostelá CTV e pola lusa SPI, esta coprodución conta co financiamento da Xunta de Galicia, que lle achega máis de 250.000 euros a través da liña de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a producións e coproducións de contido cultural galego. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou nesta presentación, que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcarcel no marco da programación do festival OUFF. Interviñeron, así mesmo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, os representantes da Televisión de Galicia e da RTP portuguesa, implicadas tamén na realización da serie, e mais os responsables das súas respectivas produtoras e do equipo artístico.

En palabras do representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, este segundo proxecto conxunto de CTV e SPI dá conta da fluidez das relacións entre as industrias audiovisuais de ambos os países, que nos últimos anos está a materializarse en importantes coproducións que, ademais do intercambio artístico e técnico, permitindo un maior coñece- mento mutuo a nivel cultural, social e mesmo turístico. Este novo título exemplifica, ademais, a aposta da empresa compostelá pola distribución internacional.

Creada por Ghaleb Jaber Martínez e con Alex Sampaio como director e Jorge Quiroga na codireción, Motel Valquirias é unha dramedia con tinturas de thriller que conta unha historia de empoderamento feminino e de superación de tres mulleres. REDACCIÓN

26 sep 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito