Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Nación’, de Margarita Ledo, e ‘Augas Abisais’, de Xacio Baño, preseleccionadas para os premios Goya

A Academia celebra a calidade do cinema español coa entrega dos Premios Goya aos mellores profesionais de cada unha das especialidades técnicas e creativas. Á 36 edición optan un total de 160 películas españolas estreadas no noso país entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. Destas 160 producións, 82 son de ficción, 74 son documentais e 4 son de animación. A especialidade de Documental da Academia de Cinema preseleccionou 16 producións das que sairán os catro títulos que optarán ao Goya na citada categoría. Entre as obras finalistas atópase Nación, dirixida por Margarita Ledo Andión e producida por Nós Cinematográfica Galega.

A luguesa de Castro de Rei Margarita Ledo é, ademais de cineasta, docente e catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e numeraria da Real Academia Galega. Destacada en traballos de periodismo, audiovisual, literatura, investigación e produción científica. Recibiu, entre outros, o Premio Nacional da Cultura Galega (2008) y o Otero Pedrayo (2017).1

Tamén concorren este ano 10 filmes europeos, 13 cintas iberoamericanas e 110 curtametraxes. A comisión de curtametraxes seleccionou 15 títulos na categoría de ficción, 10 de animación e outros 10 no apartado documental entre os 110 títulos presentados. Entre os finalistas preseleccionados na categoría de curtametraxe documental figura o novo traballo de Xacio Baño, Augas abisais, producido por Rebordelos. Baño naceu en Xove, concello galego da provincia de Lugo. É un director de cine de curtas e longametraxes que participou en diversos festivais internacionais e gañou o premio Canal Plus en Clermont-Ferrand.

Desde hai uns días os académicos de cinema español teñen abertas as votacións para elixir os seus candidatos favoritos nas diferentes categorías dos Premios Goya. Os nomeados 2022 daranse a coñecer o luns 29 de novembro na sede da Academia. A 36 edición dos Premios Goya celebrarase o 12 de febreiro de 2022 no Palau de Les Arts de Valencia.

15 nov 2021 / 13:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.