Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nomean Dama da Orde da Alquitara a Fabiola García

Portomarín A conselleira de Política Social, Fabiola García, foi nomeada dama da Orde Serenísima da Alquitara da Festa da Augardente de Portomarín, que este domingo celebraba a súa quincuaxésima edición.

A distinción que outorga o Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara busca promover os beneficios desta bebida destilada.

A celebración, que se retoma este ano logo de dous de parón por mor da pandemia, é unha homenaxe aos aguardenteiros que durante décadas destilaron de modo tradicional este licor.

Así, con motivo da cita, cuxo pregón correu a cargo da actriz Benedicta Sánchez, organízaronse actividades como actuacións musicais ou a cata do mellor augardente da localidade.

Feira do Viño de Quiroga. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudiu pola súa parte á segunda xornada da XL Feira do Viño de Quiroga, onde puxo en valor a calidade dos caldos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o valor dos produtores amparados baixo esta D.O, así como o potencial que ten o enoturismo como ferramenta de dinamización socioeconómica e de impulso dun turismo de calidade e sustentable para este territorios.

Fixo fincapé na importancia do sector vitivinícola na cultura e describiuno como un dos eixes da sociedade e a cultura de Galicia. redacción

18 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.